Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da docente, e con apoio de recursos audiovisuais, de contidos relacionados co temario da materia.
Análise de fontes documentais Lectura e análise da documentación seleccionada como obrigatoria para traballar a materia.
Aprendizaxe colaborativa Consistirá en dinámicas de grupos variadas, que se empregarán nos debates, na análise das fontes realizada en grupo, nos traballos tutelados e na presentación oral.
Estudo de casos Metodoloxía na que o suxeito é confrontado coa descrición dunha situación específica cun problema a ser entendida, valorada e determinada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión. O alumnado está perante un problema concreto que describe unha situación real de traballo, e debe ser capaz de analizar unha serie de eventos relativa a un determinado campo de coñecemento ou acción para acadar unha decisión fundamentada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Discusión dirixida Na clase debatirase sobre varios contidos estudiados e analizados, tomando como referencia diferentes tipos de fontes documentais.
Foro virtual Posíbel utilización de distintas modalidades de comunicación virtual (Moodle, wikis, redes sociais, Internet, gravacións audiovisuais, etc.) para facilitar o traballo colaborativo, o debate e os procesos de deliberación en xeral.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Actividades iniciais Aplicarán unha técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeies dentro de situacións conflictivas nas que intervieñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersonais, o comportamento, os valores e as atitudes durante as primeiras sesións como punto de partida.
Proba mixta A proba mixta consistirá nun exame, sen material, composto por preguntas de resposta breve e preguntas de desenvolvemento. Pode requirirse, ademais, a realización dun esquema ou mapa conceptual.