Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da lingua estranxeira | Código | 652G02032 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe colaborativa | A50 A51 A52 B5 B7 B15 B23 C2 C3 | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo | 10 |
Presentación oral | A51 B8 B9 B10 B11 B22 B24 C2 C3 | Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactuar dun modo ordenado, formulando cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. | 10 |
Portafolios do alumno | A48 A51 B9 B10 C2 | É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. | 5 |
Proba mixta | A47 A51 B10 B23 B25 C2 C7 | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
50 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A46 A50 A52 B5 B7 B11 B22 C1 C2 C3 | Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao alumnado identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. Consistirá na realización dunha proposta de intervención. | 25 |
Observacións avaliación | |||
Modo de avaliación para o alumnado que asiste regularmente.
A avaliación se realizará de acordo cos seguintes criterios e instrumentos: Criterios de avaliación: - Verificación do cumprimento dos obxectivos marcados. - Asimilación dos contidos teóricos e prácticos. - Valoración dos traballos realizados durante o curso tanto colaborativos como individuais. Instrumentos de avaliación: Proba mixta: I.1. Uso da Lingua Inglesa. 1 punto.- I.2. Didáctica da LE. 3 puntos.- I.3. Comprensión e expresión escrita. 1 punto. I.4. Traballo individual ou grupal. 2.5 puntos. I.5. Presentación oral. 1 punto. I.6. Tarefas grupais ou individuais. 1 punto. I.7. Portafolio (opcional). 0.5 puntos. A avaliación dos items I.1, I.2 e I.3 realizarase na data programada no calendario académico oficial e é de carácter individual. A avaliación dos items I.4, I.5 e I. 6 realizarase na data programada no cronograma ao comezo do curso e se pode facer individualmente ou en grupo (non máis de cinco estudantes). A avaliación do item I.7 é opcional e é de carácter individual. O portafolio recolle actividades, tarefas e exercicios realizados na aula tanto orais como escritos aos que se deberá engadir un comentario ou reflexión crítica constructiva con respecto a súa aplicación didáctica na aula de Primaria. Os items 1, 2, 3, 4, 5 e 6 son de obrigado cumprimento. É necesario obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 na proba mixta para aprobar a materia. A obtención dun suspenso implica a repetición de todas as probas na súa totalidade na seguinte convocatoria. A oportunidade de xullo estará adscrita aos mesmos criterios que a de xuño. Modo de avaliación para o alumnado que non asiste regularmente 1. Alumnado con dispensa académica:* Aquel que en aplicación da: "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), se lle recoñeza a condición de estudante a tempo parcial e solicite ao Decano/a a correspondente dispensa académica quedando eximido da obrigatoriedade de asistencia. 2. Alumnado de continuación de estudos (repetidores). IMPORTANTE: Este alumnado deberá notificar a súa situación á profesora ao comezo das clases e terá que realizar tarefas adicionais. Ademais, deberá estar pendente das tarefas e traballos plantexados e das datas de entrega dos mesmos. Criterios de avaliación: - Verificación do cumprimiento dos obxectivos marcados. - Asimilación dos contidos teóricos e prácticos. - Valoración dos traballos realizados durante el curso tanto colaborativos como individuais. Instrumentos de avaliación: A. Proba individual: I.1. Uso da Lingua Inglesa. 1. punto. - I.2. Didáctica da LE. 3 puntos. - I.3. Comprensión e expresión escrita. 1 punto. B. Traballos e presentación oral: I.4. Traballo individual. 2.5 puntos.- I.5. Presentación oral. 1 punto.- I.6. Tarefas individuais. 1.5 puntos A avaliación do apartado A (I.1, I.2 e I.3) realizarase na data programada no calendario académico oficial e é de carácter individual. A avaliación do apartado B (I.4, I.5 e I.6) realizarase na data acordada co profesor/a e tamén é de carácter individual. Os items 1, 2, 3, 4, 5 e 6 son de obrigado cumprimento para aprobar a materia. É necesario obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 na proba mixta para aprobar a materia. A obtención dun suspenso implica a repetición de todas as pruebas na súa totalidade na seguinte convocatoria. A oportunidade de xullo estará adscrita aos mesmos criterios que a de xuño. A avaliación adiantada adscribirase aos mesmos criterios que a oportunidade de xullo. “Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.” Importante: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |