Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A4 A20 B16 B17 B22 Cada estudante individual ou grupo de estudantes seleccionará unha situación real que terá que describir, analizar e interpretar, e finalmente proporcionará pautas e orientacións para realizar promover unha educación inclusiva para todos e todas. O traballo terá unha extensión máxima de 5000 palabras. Os criterios de avaliación son:
-Descrición e identificación da información necesaria para realizar un informe do alumnado completo e adecuado a cada situación.
-Hipóteses que poidan contribuir a explicar e entender mellor que pode estar ocorrendo nesa aula para que se xenere esa situación.
-Pautas para implementar nese contexto específico de aula ordinaria para promover unha escola inclusivo para todos e todas
-Emprego de bibliografía inclusiva
-Valorarase positivamente a integración con carácter transversal a inclusión da análise e intervención dende unha perspectiva ecosistémica que integre a perspectiva de xénero, de sustentabilidade e lingüística, que se explicará detalladamente na clase.
-Uso de linguaxe inclusiva
30
Traballos tutelados A3 A4 A6 A11 A20 B16 Os traballos tutelados realizaranse maioritariamente dentro do horario lectivo da materia. Formará parte da avaliación continua. Os traballos consistirán en:
deseño dunha aula ordinaria ordinaria accesible para a mobilidade e para o acceso ao coñecemento, realización do perfil de estudantes de EP que poderían estar na aula (algúns dos cales poden ser os mismos do proxecto de investigación). Finalmente o equipo deseñará unha proposta de intervención ou pautas orientadas á selección de obxectivos, contidos, metodoloxía, estratexias de intervención, recursos e materiais, avaliación, etc que respondan ás distintas necesidades do todo o alumnado da aula.
Criterios de avaliación:
1. Adaptación aos aspectos formais: anexo para a selección do contexto; presentación do documento según APA 7; bibliografía según APA 7 e con perspectiva de xénero; linguaxe inclusiva.
2. Competencias, obxectivos, contidos e criterios de avaliación seleccionadas dende a perspectiva dun ensino globalizado.
3. Metodoloxías, estratexias de intervención e materiais/recursos adaptados ao modelo DUA
4. Clima de aula: Espazo, tempo, interacción e xustiza social na aula
40
Proba práctica A4 A6 B16 B22 C4 Esta actividade realízase en equipo. Ao alumnado propónselle un caso prácticos dos propostos polo propio alumnado e terán que analizar as posibles hipóteses do que sucede nesa situación, que obstáculos se detectan e que dificultan que todo a alumnado poida compartir unha experiencia de aprendizaxe exitosa para todas as persoas que integran a aula. Analizarase a capacidade do equipo para detectar o que ocorre, as estratexias e propostas que realizan para superar os problemas que caracterizan esa situación. 30
 
Observacións avaliación

A modalidade de avaliación será a mesma para o todo o alumnado e para a 1ª e 2ª convocatoria.

O alumnado con recoñecemento oficial de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá solicitar unha titoría para programar as sesións interactivas e expositivas nas que non puidera participar co fin de planificar os traballos. O alumnado non asistente (que non asista a un 80% das clases por motivos xustificados), realizará os mesmos traballos que o asistente, pero con adaptación que afectan aos traballos tutelados e as probas prácticas. Este alumnado poderá traballar en equipo.

Os traballos presentaranse en formato dixital no campus virtual na tarefa deseñada para tal fin.

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario"

No caso de poder implementar un APs, ambas actividades poderán realizarse dentro dese marco.