Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa | Código | 652G03002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
NÚCLEO 1. Mapeando os proxectos de acción educativa sociocomunitaria no escenario do procomún e do ecofeminismo | 1.1. O proxecto en educación social como construción educativa, sociocomunitaria e política. 1.2. As bases do proxecto: democracia participativa e xustiza social, autoxestión da vida cotiá, dereitos humanos, dereitos das seres humanas, obxectivos de desenvolvemento sostible, obxectivos do bo vivir e sostenibilidade. 1.3. Prácticas de innovación cidadá, creatividade social e micro utopías baseadas nos coidados. 1.4. O proxecto desde diferentes perspectivas epistemolóxicas. A perspectiva adaptativo-conservadora, a perspectiva educativo-reformadora, a perspectiva crítico-transformadora. O interese técnico, o interese práctico e o interese emancipador. Os paradigmas positivista, interpretativo, crítico, postcrítico e desconstrutivista. Liñas de Reforma e perspectivas ecofeministas |
NÚCLEO 2. : Metodoloxías de participación comunitaria na sociedade dos coidados | 2.1. Metodoloxías participativas e Investigación Acción Participativa 2.2. O ilusionismo social 2.3. A fotovoz e as pedagoxías feministas 2.4. A metodoloxía Oásis |
NÚCLEO 3. Fases e elementos dos proxectos socioeducativos | 3.1. O estudo do contexto e a negociación inicial 3.2. O traballo de campo, a devolución da información, o autodiagnóstico e a construción de acordos 3.3. A planificación das accións 3.4. O desenvolvemento das accións 3.5. Avaliación do proceso e dos resultados 3.6. Participación cidadá, grupos de traballo e estruturas organizativas e institucionais 3.7. Ferramentas e técnicas relacionadas coa información, coa participación e coa construción de acordos |
Núcleo 4. Procesos participativos, coidados, non-violencia e artivismo: orzamentos participativos, laboratorios de participación cidadá, mapas colaborativos e proxectos ecofeministas artivistas | 4.1. Porta Aberta (A Coruña) 4.2. Decide Madrid 4.3. Rompendo Regras LAB: xustiza reproductiva, alfabetización menstrual crítica e IAP feminista 4.4. Todas somos palestinas: xenealoxía feminista, non-violencia, antibelicismo e artivismo textil |