Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A4 A5 A9 A14 A15 B1 B4 B6 C4 C7 En relación co portafolio valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións empregadas na elaboración das propostas educativas.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade na exposición.
- A asistencia e participación activa durante as sesións de clase.
30
Proba mixta A1 A2 A4 A5 A14 A17 C4 - Nas preguntas tipo test presentaranse varias alternativas de resposta onde só unha delas será a correcta. Penalizaranse aquelas respostas erróneas.
- Nas preguntas de resposta curta valorarase a precisión e a claridade nas respostas. Trátase de amosar que se comprende e se domina o que se pregunta.
70
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 85%:

a) Asistencia, participación activa nas clases, elaboración e presentación do portafolio/dosier de prácticas (30%).

b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (70%).

OPCIÓN B

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, recoñecida pola Facultade de Ciencias da Educación da UDC: 

Terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e a metodoloxía de avaliación. 

OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

Para o alumnado que se acolla á opción A:

1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dosier e proba mixta).

2. O alumnado terá que asistir ás clases interactivas para poder elaborar o
dosier de prácticas e entregalo dentro dos prazos establecidos. A asistencia ás
prácticas é obrigatoria.

3. O dosier presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o dosier).

Para todo o alumnado (opcións A e B):

1. A convocatoria de 2ª oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de 1ª oportunidade. 

2. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación
ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa
normativa académica vixente da UDC.