Investigación (Proxecto de investigación) |
Dado que o/a alumno/a debe elaborar un traballo extenso, incorpórase unha metodoloxía de traballo na elaboración de proxectos de investigación, imprescindible como formato de presentación do mismo. Dito traballo pode realizarse en grupos de 4-5 persoas, ou excepcionalmente de maneira individual. O tema será aprobado previamente polo profesor. A través deste traballo o alumno aprenderá os rudimentos básicos da investigación e se aproximará a cómo a investigación serve para xerar coñecemento |
Aprendizaxe colaborativa |
O/A alumno/a poderá traballar en grupo xunto con outro/a alumno/a se o desea (se ben se recomenda) para o desenvolvemento en profundidade dun dos temas do programa. Se trata dun traballo conxunto de revisión e/ou análise de fontes. |
Análise de fontes documentais |
Para a elaboración dos traballos citados o/a alumno/a debe consultar fontes documentais propias da Psicoloxía Social. É importante que o/a alumno/a adquira a capacidade de buscar información e saiba empregar os recursos á súa disposición na universidade, de xeito que mediante esta actividade se fomentan estas capacidades. |