Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A19 B2 C1 Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 3). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías, como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 3.

As docentes presentarán os apuntes deste tema (a través de Campus Virtual); nas clases expositivas explicarán con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas presentarán prácticas guiadas para que o alumno/a as realice. PARA TODO ISTO, O/A ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.

O/a alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ás docentes no prazo establecido, baixo o nome de “Técnicas de análise da información”. Se se suspende este documento deberá presentarse como estudante non presencial ou non asistente a aula (ver a súa avaliación).

Este documento so servirá para a avaliación continua, é decir, a quen aprobe a proba mixta (en cada unha das partes saque un 5), contaráselle a avaliación deste documento; quen acade o mínimo nunha das partes da proba mixta (5 puntos), pero non na outra (< 5 puntos), a calificación obtenida neste documento podería axudar a aprobar, segundo cada caso.

A avaliación deste documento non servirá se o/a estudante non aproba cun 5 cada unha das dúas partes da proba mixta ou non acada un mínimo nalgunha desas partes.

Nota importante: os/as estudantes non presenciais non deben presentar dito documento, pero é recomendable realizalo e aproveitar as titorías para preguntar sobre o mesmo (na avaliación da materia caeran preguntas sobre o mesmo).
25
Proba mixta A5 A6 A13 A19 A21 B1 B2 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 O exame da 1ª e 2ª convocatorias (xuño e xullo) é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes:

1-Parte TÉCNICAS constará dun número de ítem de resposta aberta, ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinarán as docentes). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.

2-Parte ANÁLISIS. Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (as docentes serán as que decidan o tipo de preguntas). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.

En ambas partes (parte Técnicas e parte Análise) as preguntas incorrectamente contestadas restarán. As docentes, antes de finalizar o período lectivo poderán realizar un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria


NOTAS ACLARATORIAS:

O exame debe estar aprobado para que se teña en conta a avaliación continua. Para aprobar é imprescindible que se cumpran ambos os dous seguintes requisitos:
(a) se acaden 5 puntos ou máis na proba mixta; e
(b) que se chegue, como mínimo, á metade do valor que ten cada una das partes (parte técnicas e parte análise).
Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) ou ben se non se supera a avaliación continua (dosiseres), o alumnado debe ir á seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAMEN DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS.
A data dos exames das convocartorias están marcados por Xunta de Facultade, por lo tanto, non se moven.
50
Estudo de casos A6 A13 A21 C1 Esta tarefa está destinada aos contidos da materia (Tema 1 e 2). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o alumnado desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión das docentes. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 1 e 2.

As docentes presentarán ao alumnado os apuntes deste tema (a través de Campus Virtual); nas clases expositivas explicará con casos ditos apuntes; nas clases interactivas as docentes presentará prácticas guiadas (fichas guiadas) para que o alumnado as realice PARA TODO ESTO O ALUMNADO DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.

O alumnado presencial ou asistente a aula deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Técnicas de recollida da información”. Se se suspende este documento deberá presentarse como estudante non presencial ou non asistente a aula (ver a súa avaliación).

Este documento so servirá para a avaliación continua, é decir, a quen aprobe a proba mixta (en cada unha das partes saque un 5), contaráselle a avaliación deste documento; quen acade o mínimo nunha das partes da proba mixta (5 puntos), pero non na outra (< 5 puntos), a calificación obtenida neste documento podería axudar a aprobar, segundo cada caso.

A avaliación deste documento non servirá se o/a estudante non aproba cun 5 cada unha das dúas partes da proba mixta ou non acada un mínimo nalgunha desas partes.

Nota importante: os/as estudantes non presenciais non deben presentar dito documento, pero é recomendable realizalo e aproveitar as titorías para preguntar sobre o mesmo (na avaliación da materia caeran preguntas sobre o mesmo).

25
 
Observacións avaliación

Na avaliación da materia (exposta no apartado da guíadocente, denominado "Paso 7: Avaliación") terase en conta antes denada o seguinte:

a) ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou alumnadocon dispensa académica) (estudantes presenciais) considéranse que asisten un80%, isto equivale a non ter máis de 3 faltas sen xustificar. Xustifícase asfaltas médicas (con xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado)e as faltas por un traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballoonde se xustifique que en horas de clase se está a traballar) ou calquera outrafalta sempre co documentación homologado.

A avaliación destes alumnos ten en conta oseguinte: 1-A proba mixta;2-O estudo de casos e 3-Soluciónde problemas.

Todo o alumnado ASISTENTE OU PRESENCIAL debe superar aavaliación continua (dossieres) para poder someterse a proba mixta nascondicións que se explican para este grupo de estudantes. A avaliación continuaequivale o 50% da nota final da materia (sendo necesario chegar ao mínimo do25% para considerar que esta parte se superou). Igualmente, é imprescindíbelacadar un mínimo de 25% sobre 50% na proba mixta para considerar superada estáavaliación (atendendo a necesidade de chegar a un mínimo en cada parte,técnicas e análises, tal como se especificou no apartado correspondente na guíadocente)

b)ESTUDANTES QUE NON ASISTAN SEMPRE A CLASE(estudantes non presenciais) considéranse que non asisten cando faltan máisdun 80%, é dicir, ten máis de tres faltas sen xustificar, ou ben ten máis dedúas faltas nunha das partes da materia (técnicas de recollida e/ou análise dainformación). Se xustifica as faltas médicas (con xustificante correctamentecuberto por un médico colexiado) e as faltas por un traballo (con xustificantecorrectamente cuberto no traballo onde se xustifique que en horas de clase seestá a traballar) Tamén pode ser aquel estudantado que así opte dende o inicioda materia (o primeiro día de clase o profesorado presentará esta opción que oestudantado pode elixir).

Estes/as estudantes se presentarán ás probas da 1ª e2ª convocatoria. Se recomenda que o estudantado realice os dous traballos damateria (“Técnicas de recollida da información” e “Análise da información”) deforma autónoma, posto que estes serán avaliados na proba final da materia(50%), xunto cos contidos teóricos propios da proba mixta (50%).

A avaliación adiantada rexerase polo mesmo procedemento de avaliación que o especificado na 1ª e 2ª oportunidade aplicable ao alumnado "non asistente".

NOTA IMPORTANTE:

Todo os/as estudantes matriculadas nesta materia, antes da presentación da materia ou o mesmo día da presentación da materia (a presentación SEMPRE É PRESENCIAL), deben realizar varias tarefas. Unha desas tarefas é seleccionar a modalidade de aprendizaxe (se é estudante asistente a clase ou non asistentes a clase). Se o/a estudante non realiza está tarefa igual que outras (no campus virtual) NO PERÍODO MARCADO POLAS PROFESORAS serán consideradas/os estudantes NON ASISTENTES A CLASE (as profesoras enviaran correos electrónicos a través do campus virtual os/as estudantes deben estar atentos/as.