Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas | Código | 652G03039 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A5 A8 A11 A13 A21 B1 B2 B3 B5 B6 C1 C6 C7 | Traballos prácticos relacionados con lecturas, casos prácticos e exposicións orais. Estes traballos deberán realizarse en grupo para a súa posterior presentación. Todos os grupos deberán subir os traballos realizados ao campus virtual en formato pdf, antes da exposición. Neste bloque establécese un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación obtida na proba tipo test, se neste bloque non se obtén unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, a materia considerarase non superada. |
30 |
Aprendizaxe servizo | A5 A8 A11 A13 A21 B1 B2 B3 B5 B6 C1 C6 C7 | Metodoloxía que combina o servizo comunitario coa aprendizaxe nun único proxecto, no que se forma o alumnado traballando as necesidades reais do seu contorno para melloralo. Ao alumnado matriculado na materia ofreceráselle a posibilidade de participar nunha actividade de aprendizaxe-servizo cunha entidade colaboradora. A actividade de aprendizaxe servizo e a de traballo tutelado SON EXCLUINTES, polo que o alumnado elixirá entre a realización dunha ou outra actividade, de xeito que a nota correspondente será a asignada a cada actividade, é dicir, o 60% da nota final. |
30 |
Proba de resposta múltiple | A5 A8 B5 | Proba obxectiva que consiste en formular unha pregunta en forma de pregunta directa ou de enunciado incompleto, e varias opcións de resposta ou alternativas que aporten posibles solucións, das que só unha delas é válida. A proba de resposta múltiple establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación acadada na parte práctica, se na proba tipo test non se obtén unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, a materia considerarase non superada. |
40 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar a materia é necesario ter todos os traballos realizados entregados e aprobados. O alumnado non asistente debe poñerse en contacto comigo para establecer a metodoloxía de avaliación da materia. Na presentación dos traballos teranse en conta: erros de formato, de redacción, gramaticais e ortográficos. Todos os aspectos relacionados con: dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse segundo a normativa académica vixente da UDC. APRENDIZAXE-SERVIZO/TRABALLO TUTELADO (60% da nota): Como se indica no apartado de planificación, a actividade de “aprendizaxe-servizo” e a de “traballo tutelado” son exclusivas, polo que o alumnado elixirá entre realizar unha ou outra actividade, polo que a nota correspondente será o 60% da nota final. A realización do ApS está suxeita á dispoñibilidade dunha entidade ou asociación para levar a cabo o proxecto e non se ofrecerá a todos os estudantes. No caso de non poder cursar a ApS, todo o alumnado realizará as actividades do traballo tutelado. |