Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo de Fin de Grado | Código | 652G03041 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Avaliación emitida pola dirección académica sobre a adquisición de competencias reflectidas no traballo realizado (contido e formato). Valoraranse as seguintes cuestións: - Proceso e aspectos formais (10): adecuación ao formato esixido; organización da información segundo os apartados establecidos e o tipo de traballo; calidade na exposición do contido e uso da terminoloxía apropiada; incorporación das referencias bilbiográficas oportunas. - Contido do traballo (60): fundamentación teórica (xustificación e contextualización, elección de fontes axeitadas); proposta/proxecto/estudo (profundidade e adecuación dos contidos de cada parte, coherencia interna, viabilidade, pertinencia e/ou carácter innovador); resultados/conclusións (relación cos obxectivos formulados; grao de comprensión dos coñecementos dunha área de estudo concreta vinculada ao Grao) |
70 |
Presentación oral | B1 B6 C1 C2 C3 | Avaliación emitida polo tribunal sobre a exposición e defensa pública do TFG. Valoraranse as seguintes cuestións: - Grao de elaboración, fundamentación, claridade e solidez do discurso, facendo un uso adecuado e rigoroso da linguaxe. - Capacidade de síntese e de distribución do tempo de exposición, facendo fincapé nos aspectos clave para entender o interese do traballo. - Resolución, concreción e exactitude das respostas ás preguntas e aos comentarios formulados polo tribunal |
30 |
Observacións avaliación | |||
O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación e defensa pública do TFG: unha ordinaria (xuño) e outra extraordinaria (setembro) • Para aprobar a materia de TFG e necesario superar os dous elementos da avaliación: traballo tutelado e defensa oral. • Enténdese que a parte do traballo tutelado está superada, e este pode ser defendido ante un tribunal, cando se conta coa autorización de defensa e cun informe favorable sobre o traballo que debe incluir unha cualificación numérica mínima de 3,5 (nunha escala do 0 ao 7), emitidos ambos pola dirección académica. • A superación da parte da defensa implica que o tribunal emita unha cualificación numérica mínima de 1,5 (nunha escala do 0 ao 3). • A cualificación final do Traballo de Fin Grao será a emitida polo tribunal. • No caso de non contar coa autorización de defensa e/ou co informe favorable emitidos pola dirección académica do traballo, a cualificación recibida será NON PRESENTADO. • No caso de non realizar a defensa ante o tribunal, a pesar de ter o informe favorable e/ou a súa autorización, a cualificación recibida será NON PRESENTADO. • No caso de non superar a defensa oral, a cualificación final recibida será a obtida nesta parte da avaliación, pero nunha escala do 0-10. • Dentro dunha mesma convocatoria, o alumnado que reciba unha cualificación de NON PRESENTADO ou de SUSPENSO, contando coa autorización de defensa e co informe favorable da súa dirección académica só terá que repetir a parte da avaliación correspondente á defensa oral do TFG. • O alumnado que non supere a materia en ningunha das oportunidades de avaliación dunha mesma convocatoria, terá que matricularse de novo na mesma. Neste caso: a) Se a cualificación recibida na convocatoria anterior foi de SUSPENSO, deberá comezar o proceso de elección de liñas temáticas nas mesmas condicións que o alumnado que se matricula por primeira vez. b) Se a cualificación recibida na convocatoria anterior foi de NON PRESENTADO, poderá manter o mesmo tema e a mesma dirección académica do último curso en que se matriculase da materia, sempre e cando conte co consentimento explícito da propia dirección académica. Convocatoria adiantada (febreiro) De forma excepcional e sempre que o estudante non teña pendente máis que a superación do TFG para rematar os seus estudos de Grao e conte co informe favorable da dirección académica, poderá defendelo en convocatoria adiantada, nas datas que estableza a Facultade desde o inicio do curso académico; pero respectando sempre o número máximo de dúas oportunidades do que poderá facer uso en cada curso académico. O sistema de avaliación desta convocatoria adiantada será o mesmo que na convocatoria ordinaria. Revisión as cualificacións Se o alumnado quere revisar a cualificación outorgada pola dirección académica, deberá solicitarllo por correo electrónico no prazo de 4 días naturais logo da publicación da cualificación. Dende a dirección do TFG indicarase data, hora e lugar para realizar a revisión que será sempre antes do inicio do período de presentación e defensa diante do tribunal, por se houber modificación da cualificación. De acordo coa normativa de avaliación vixente da UDC, a data de revisión da cualificación definitiva do TFG será a que marque o tribunal, unha vez realizadas as defensas. “Dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica”: Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |