Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A4 A9 A23
A puntuación obtida na proba obxectiva, de 30 preguntas tipo test, achegará ata un 90% da cualificación na materia
90
Obradoiro A31 B4 C1 C6 C7 C8 Asistencia e participación nas actividades prácticas levadas a cabo, e elaboración dunha memoria sobre as mesmas. 10
 
Observacións avaliación

Avaliación 1ª oportunidade e seguintes: Para aprobar a materia, o alumnado deberá obter una puntuación global mínima de 5 puntos, sobre 10 (equivalente a un 50% do global). A puntuación global é o resultado de sumar as puntuacións obtidas na proba obxectiva (ata 9 puntos), e a elaboración dunha memoria sobre as actividades realizadas nas clases interactivas (ata 1 punto), sempre que se teña asistido como minimo a un 75% das mesmas. As instruccións figurarán no campus virtual da materia.

Avaliación alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Se non hai posibilidade de asistencia e participación nas clases interactivas, a calificación poderá derivarse exclusivamente da puntuación obtida no examen (o 100%)

(Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC).