Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 Entre 20 e 25 preguntas tipo test sobre contidos dos temas impartidos durante o curso. 60
Traballos tutelados C6 C8 Elaboración e exposición dun traballo que se propondrá nas primeiras sesións e será supervisado ao longo do curso. Valórase con ata un 20% da calificación final a súa elaboración, e con ata outro 20 % a súa exposición.. 40
 
Observacións avaliación
Para aprobar a materia, o alumnado deberá obter una puntuación global mínima de 5 puntos, sobre 10 (equivalente a un 50% do global). 

Avaliación 1ª oportunidade e seguintes: A puntuación global é o resultado de sumar as puntuacións obtidas na proba obxectiva (ata 6 puntos), e a elaboración e exposición dun traballo que se propondrá nas primeiras sesións e será supervisado ao longo do curso (Valórase con ata 2 puntos da calificación final a súa elaboración, e con ata outros 2 puntos a súa exposición).

Avaliación alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: quen se atope nesta situación poderá:
a) optar igualmente pola realización do traballo (que se valora con ata 2 puntos) e incorporar a parte da evaluación que se otorga pola exposición do traballo á puntuación do examen (é decir, a proba obxectiva constituiría entón o 80%, 8 puntos), ou,
b) derivar o 100% da calificación da puntuación obtida no examen (proba obxectiva: 10 puntos).

(Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC).