Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A12 A22 A32 B1 B3 B4 B5 B23 C1 C3 C7 C8 Valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A adecuación e dominio dos contidos.
- Dominio das aplicacións empregadas no desenvolvemento das actividades.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A exposición oral.
60
Proba obxectiva A5 A12 A22 A32 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Valorarase:
Adquisición das competencias da materia
40
 
Observacións avaliación

Criterios
de avaliación

Primeira
oportunidade.
Para superar a materia é necesario ter todos os traballos tutelados
realizados, entregados e aprobados. A cualificación final será consecuencia dos
resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación.

A
avaliación do alumnado non presencial consistirá na entrega dun traballo sobre
os contidos da materia e na realización dunha proba obxectiva.

Na
presentación do traballo teranse en conta os erros de: formato, redacción,
gramática e ortografía.

Segunda
oportunidade para estudantes asistentes, non asistentes e oportunidade adiantada.
Para superar a materia é necesario obter 5 puntos sobre os 10
posibles na proba obxectiva (ponderación 100%), sendo a única actividade de
avaliación.











Todos os aspectos
relacionados coa dispensa académica, a dedicación ao estudo, a permanencia e a
fraude académica rexeranse segundo a normativa académica vixente da UDC.