Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A12 A22 A32 B1 B3 B4 B5 B23 C1 C3 C7 C8 Valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A adecuación e dominio dos contidos.
- Dominio das aplicacións empregadas no desenvolvemento das actividades.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A exposición oral.
60
Proba obxectiva A5 A12 A22 A32 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Valorarase:
Adquisición das competencias da materia
40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é necesario ter todos os traballos realizados entregados e aprobados.

O alumnado non asistente debe poñerse en contacto comigo para establecer a metodoloxía de avaliación da materia.

Na presentación dos traballos teranse en conta: erros de formato, de redacción, gramaticais e ortográficos.

Todos os aspectos relacionados con: dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse segundo a normativa académica vixente da UDC.