Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Trátase dun traballo grupal que poderán desenvolver coa axuda titorizada do profesor e que estará moi ligado ás prácticas clínicas que levarán a cabo durante as clases interactivas. O alumnado que non asiste regularmente ás clases interactivas (xa sexa por dispensa académica ou por outros motivos) deberá incorporarse a un grupo de traballo con compañeiros que si acudan regularmente ás clases. Ademais, todo o alumnado poderá consultar as dúbidas que xurdan a través de titoría en liña ou presencial.