Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A12 A13 C7 Valora os coñecementos adquiridos sobre a materia. Tipo test de resposta única. 30
Traballos tutelados A13 A15 A28 A29 B1 B5 B10 B11 B12 B14 B15 B17 B18 B19 B23 B24 C1 C2 C3 Valora a capacidade de elaboración de material de intervención acorde cos fundamentos prácticos da materia
70
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario obter un 5 sobre 10 na
Proba obxectiva-Exame e no Traballo Tutelado. A asistencia ás clases
interactivas é primordial para poder levar a cabo devandito Traballo Tutelado
porque se basea na exposición dos coñecementos e aprendizaxes adquiridos nas
clases interactivas.

Todos
os aspectos relacionados con “dispensa
académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa
académica vixente da UDC
, e
neste sentido, detállanse a continuación as seguintes especificacións.

No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial, dispensa académica con exención de asistencia ou alumnado que
non cumpra cunha asistencia mínima do 75% deberá poñerse ao día coa progresión
das clases e integrarse nalgún dos grupos de traballo do alumnado que asiste
con regularidade a clase se quere que puntúe o seu Traballo Tutelado. No
alumnado con asistencia inferior ao 75% das clases (xa sexa por dedicación a
tempo parcial, dispensa académica ou ausencias con ou sen xustificación), a
ponderación das notas será á inversa, tendo o exame un peso do 70% da nota
final e o Traballo Tutelado un 30%. 

ESPECIFICACIÓNS ADICIONAIS:

1.     Aplicaranse
os mesmos criterios avaliadores á convocatoria na 1ª convocatoria que na 2ª.

2.     O Traballo
Tutelado será entregado na mesma data por parte do todo o alumnado, caso de non
entrega, non puntúa. A data de entrega establecerase ao longo do transcurso das
clases, será unha vez finalizadas as clases interactivas e indicarase en
Moodle.