Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías personalizadas individuais e grupais ao longo de todo o cuadrimestre e de acordo aos horarios establecidos na FCS. O alumnado poderá poñerse en contacto coa profesora da materia a través do correo electrónico (laura.lorenzo.lopez@udc.es) ou de maneira presencial a fin de establecer titorías, sempre de acordo á dispoñibilidade de ambos ou aos horarios establecidos.

Dado que é unha materia cunha parte práctica relevante, o traballo persoal do/a alumno/alumna é unha parte fundamental da avaliación da mesma, supoñendo un número de horas (mínimo) similar ás horas presenciais na aula. A atención persoalizada ao alumno/a axudará a completar de forma individualizada a súa formación, principalmente na procura de información referida a datos demográficos da poboación, a realización das actividades prácticas propostas durante o curso, así como do exame da materia.