Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A6 A7 B1 B2 B3 B4 C1 C2 É a explicación por parte do profesor dos contidos da materia na aula no chamado ensino expositivo. En ocasións, dependerá do soporte visual. As clases deben comprender os conceptos e teorías e xerar posibles dúbidas sobre eles. Aquí incluiranse as prácticas realizadas na aula (comentarios, vídeos, lecturas de novas actuais ...). 30
Proba obxectiva A1 A2 A6 A7 B1 B4 C2 Os temas presentados na clase, nas sesións expositivas de docencia, deben aprobarse mediante un exame escrito. 70
 
Observacións avaliación

ALUMNADO
CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE
EXENCIÓN DE ASISTENCIA, segundo estable a "Norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e
as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), a cualificación referida á asistencia
á aula será substituída pola
realización dun traballo práctico vinculado a dita formación. Ademais, en
titorías personalizadas explicaráselles o traballo realizado na aula para que
podan realizalo adecuadamente no seu domicilio. 

IMPORTANTE:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade
na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese:
o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.