Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 O/a alumno/a deberá realizar obrigatoriamente, a través da plataforma de teleformación, exercicios, relacionados coa docencia impartida no curso. 10
Sesión maxistral A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 O/a alumno/a deberá asistir ás clases, seminarios propostos para completar e mellorar a comprensión da docencia impartida nas sesións maxistrais, e defensa de presentacións orais propostas. No caso de que o alumno teña máis de 3 faltas, deberá realizar un traballo de investigación máis extenso: < 3 faltas- 20 citas; 4-6 faltas: 40 citas; 7-9 faltas: 60 citas; > 10 faltas: 80 citas. Darase un 5% da nota final a aqueles alumnos sen faltas, restando 0,2 por cada falta. 5
Traballos tutelados A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 O/a alumno/a, ao finalizar o curso, deberá entregar un traballo de investigación, ou de revisión bibliográfica de alta calidade, avaliándose a estrutura e forma do mesmo, o uso de traballos científicos relevantes (mínimo de 20 referencias bibliográficas, das cales polo menos o 80% serán en inglés) e a calidade e innovación do tema proposto. Este traballo terá un valor do 40% sobre a nota final (10% presentación oral do traballo e 30% calidade do traballo escrito). 40
Proba obxectiva A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C4 Ao finalizar a materia, o/a alumno/a pode presentarse a unha proba final, exame, para avalialo da docencia impartida ao longo do curso. 30
Presentación oral A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 O/a alumno/a deberá realizar unha presentación oral ademais dun traballo de investigación en formato póster. Terá un valor do 15% sobre a nota final total, avaliando a organización e información, pronuncia e entoación, vocabulario, dominio do tema e claridade de ideas. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia deberá superarse tanto a proba obxectiva
como o traballo tutelado.

O traballo tutelado (escrito), é dicir, o 30% da nota total da materia,
poderá convalidarse no caso de que o/a alumno/a preparara un artigo científico
para publicar nunha revista de prestixio ou ben xa o teña publicado, sobre o
que deberá facer unha presentación oral (10%).

TRABALLOS TUTELADOS: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que
se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido.  Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e
respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.

Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E
DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA: Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.