Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A4 A7 A8 B2 B3 B4 C7 C11 C13 Avaliarase a participación activa e con aproveitamento, a capacidade de resolución de casos e a capacidade de traballo en equipo. Esta cualificación contribuirá ao 20% da cualificación total da materia. 20
Traballos tutelados A1 A3 A4 A7 A8 C7 C11 C13 Avaliarase a capacidade de síntese e a valoración crítica do tema estudado, ademais do contido e formato do traballo, e a súa exposición oral. A cualificación do traballo tutelado contribuirá ao 40% da cualificación total da materia. 40
Proba de resposta múltiple A1 A3 A4 A7 A8 B2 B3 B4 C11 C13 Proba de tipo test composta por 30 preguntas con 4 opcións de resposta sendo só unha resposta correcta. Cada pregunta que se responda mal restará 0,25 puntos, non restando as respostas en branco. Fórmula: (A-(E*0,25))*10/30. Esta cualificación contribuirá ao 40% da nota total da materia. 40
 
Observacións avaliación

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.