Temas Subtemas
1.- Introdución ao Traballo Fin de Mestrado Indicacións sobre a elección de tema e titores e sobre o Regulamento do Traballo Fin de Mestrado (http://www.fcs.udc.gal/p/mestrado-universitario-en-asistencia-e.html).
2.- Entrega da Proposta do Traballo Fin de Mestrado O alumno/a deberá cubrir a Proposta de Traballo Fin de Mestrado (Anexo I do Regulamento do Traballo Fin de Mestrado) que pode atopar no seguinte enderezo http://www.mastermais.udc.es/?wpfb_dl=51. Unha vez cuberto, entregaráse por rexistro na secretaría do centro. A data límite de entrega será o día de remate das actividades académicas do primeiro cuadrimestre.
3.- Elaboración do Traballo Fin de Mestrado. Realización do Traballo Fin de Mestrado mediante a supervisión dun titor.
4. Defensa pública do Traballo Fin de Mestrado. Defensa pública, ante un tribunal avaliador, do traballo de investigación, revisión bibliográfica ou proxecto de investigación, que debe contar co informe previo favorable do titor.