Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 B19 C1 C4 Exame correspondente ás convocatorias oficiais coa totalidade do temario. Realizarase de xeito persoal. 50
Traballos tutelados A6 A7 A19 A30 A34 B3 B4 B8 B13 B19 B26 B28 B29 C1 C4 C6 C7 C8 Traballo grupal de carácter práctico relacionado cos contidos da asignatura que será exposto oralmente na clase 30
Obradoiro A6 A7 A19 A34 B3 B4 B8 B13 B19 B26 B28 B29 C1 C4 C6 C7 C8 Prácticas e actividades a realizar ao longo do curso 20
 
Observacións avaliación

O conxunto de prácticas (obradoiro e traballo tutelado) suporán o 50% da cualificación, o exame final o 50% restante.

O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC. Para aprobar amateria é necesario aprobar tanto a parte práctica (traballos e prácticas) como o exame. Entenderase como aprobado obter unha calificación igual ou superior a 5.

Aqueles/as alumnos/asque se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial (os que non se acollan á avaliación continua presencial), deberán pórse en contacto cos profesores ao inicio do curso. A súa avaliación basearase nun traballo empírico individual sobre un tema relacionado coa materia (50% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (50% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto o traballo (50%) como o exame (50%).

Gardaranse as notas dos traballos e das prácticas para a segunda oportunidade.

Os materiais utilizados nas sesións, presentacións, audiovisuais, lecturas e prácticas serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital a través daplataforma Moodle, na medida da posible.

Sempre que sexa posible, os traballos e prácticas entregaranse en formato dixital a través da plataforma Moodle, sen necesidade de imprimilos. 

Tódolos aspectos relacionados con "dispensa académica", "adicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académico" rexiranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.