Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A3 B8 B10 B12 B28 Avalíase a atención do alumno, a súa intervención en clase e fundamentalmente a súa asistencia 10
Proba obxectiva B2 B8 B12 B13 B28 Será un exame único con todas as partes da materia. O exame será tipo test de resposta múltiple e con só unha resposta correcta. Cada profesor achegará o número de preguntas correspondentes á parte que lle corresponda e o número de preguntas será proporcional á cantidade de materia impartida. 80
Estudo de casos B2 B4 B5 B8 B13 C1 Avaliación continuada a través de actividades a desenvolver nos grupos de traballo en grupo reducido. 10
 
Observacións avaliación

ALUMNADO
CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE
EXENCIÓN DE ASISTENCIA: Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC 

IMPORTANTE:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade
na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese:
o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas