Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Prácticas VIII | Código | 653G01407 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
1.- Para axuda a conseguir unha controna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 y 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus (2023-2025)" os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación. 3.- Como en todas as edicións anteriores, a correcta planificación das Estadias Prácticas VIII, realizarase conxuntamente co estudantado ó comezo da materia (segundo o calendario oficial). 4.- Normas mínimas: Os/as alumnos/as deberán cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respecto ós/ás usuarios/as, profesionais e instalacións do recurso de prácticas. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estadías prácticas. 5.- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexiranse dacordo coa normativa académica vixente da Universidade da Coruña. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |