Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Para axuda a conseguir unha controna inmediata sostible e cumprir cos  obxectivos estratéxicos 1 y 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus (2023-2025)" os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación.

3.- Como en todas as edicións anteriores, a correcta planificación das Estadias Prácticas VIII, realizarase conxuntamente co estudantado ó comezo da materia (segundo o calendario oficial).

4.- Normas mínimas:

Os/as alumnos/as deberán cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respecto ós/ás usuarios/as, profesionais e instalacións do recurso de prácticas.

Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estadías prácticas.

5.- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexiranse dacordo coa normativa académica vixente da Universidade da Coruña.

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.