Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral apoiada no uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Estudo de casos O alumno enfróntase a unha realidade ou problema específico (caso) e deberá aportar unha solución viable.
Análise de fontes documentais Estudo de documentos de diversa natureza que sirvan de base para o desenvolvemento das actividades do curso.
Traballos tutelados Metodoloxía para favorecer a aprendizaxe autónoma do alumnado que ten como obxectivo fomentar a capacidade investigadora, o coñecemento da realidade profesional e a aplicación dos coñecementos teóricos. O traballo consistirá nun plan de comercialización dun servizo ou produto cultural ou dunha parte deste.