Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B1 B5 B7 C1 C2 Avaliaranse os contidos das respostas, a adecuación das mesmas ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.
60
Traballos tutelados A5 B2 B3 B4 C3 Computaránse o traballo tutelado individual/grupal que se encomende. 40
 
Observacións avaliación
É requisito imprescindible para aprobar superar os traballos e a proba escrita o día do exame.

Na segunda oportunidade só haberá un exame escrito.

Nota para estudantes con "exención de exención de asistencia académica":

En concreto, as medidas de dedicación para “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia” son as seguintes:

-Os alumnos deberán acordar co profesor a posta en marcha de varias titorías para poder seguir eficazmente a materia.

-Deberán asistir a clase o número mínimo de horas establecidos regulamentariamente.

-Deben realizar tanto o exame como os traballos e aprobalos.

-Non son de aplicación a estes alumnos as datas oficiais de entrega fixadas para os alumnos asistentes a clase. Deberán entregar todo ao máis tardar 20 días antes da celebración do exame oficial.

En primeira oportunidade: entrega de traballos e realización do exame final.

En segunda oportunidade: exame.

Plaxio:

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha nota de suspenso '0' na materia da convocatoria correspondente, quedando sen efecto a cualificación obtida en todas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.