Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases
teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Traballos tutelados As clases de idioma non distinguen nunca de xeito estrito entre sesións teóricas e sesións prácticas; no entanto, durante as sesións teóricas incidirase máis na explicación gramatical do idioma e traballarase na aula cos alumnos para practicar dita parte gramatical, mentres que nas sesións prácticas se incidirá na práctica oral, a adquisición de vocabulario e os temas culturais. Todo iso implica traballo realizado na aula baixo diversas formas.
Solución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno
debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a
aplicación de fórmulas ou regras, a aplicación de procedementos de transformación da
información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento
da lección maxistral.
Proba obxectiva Proba na que se evaluarán os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Actividades iniciais Na primeira sesión de clase explicarase o programa docente, a bibliografía e ferramentas de información e comunicación e o sistema de avaliación. Proporcionarase toda a información necesaria para seguir adecuadamente o curso e superar a materia.