Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases
teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Traballos tutelados As clases de idioma non distinguen nunca de modo estrito entre sesións teóricas e sesións prácticas; no entanto, durante as sesións teóricas incidirase máis na explicación gramatical do idioma e traballarase na aula cos alumnos para practicar dita parte gramatical, mentres que nas sesións prácticas se incidirá na práctica oral, a adquisición de vocabulario e os temas culturais. Todo iso implica traballo realizado na aula baixo diversas formas.
Solución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno
debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a
aplicación de fórmulas ou regras, a aplicación de procedementos de transformación da
información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento
da lección maxistral.
Proba obxectiva Proba na que se avalían os coñecementos adquiridos polo alumno.
Actividades iniciais Na primeira sesión de clase explicarase o programa docente, a bibliografía e ferramentas de información e comunicación e o sistema de avaliación. Proporcionarase toda a información necesaria para seguir adecuadamente o curso e superar a materia.