Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A1 A7 A8 A10 B2 B5 B7 C3 C6 Avaliarase a solución aplicada polos estudantes ao problema proposto e a interacción entre os membros do grupo. 50
Traballos tutelados A1 A7 A8 A10 B2 B5 B7 C3 C6 Avaliarase que o traballo realizado cumpre cos criterios descritos no enunciado.
0
Presentación oral A1 A7 A8 A10 B2 B5 B7 C3 C6 Ao remate do traballo tutelado, cada alumno realizará unha presentación oral apoiada en transparencias. Esta presentación ponderará a cualificación do traballo tutelado, de forma que a súa cualificación pode aumentar ou diminuír. 50
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obrigatorio aprobar os traballos tutelados, unha vez ponderada a cualificación en función do resultado da exposición oral. É dicir, deberase obter unha nota mínima de 2,5 sobre 5. Se non se obtén a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non superará o 4,5.

Todo/a alumno/a que non realice a presentación oral do traballo tutelado terá a cualificación de NON PRESENTADO.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada parte se realizará en condicións similares ás da primeira oportunidade, sendo de novo necesario obter unha nota de 2,5 sobre 5 no traballo tutelado (unha vez ponderada a nota polo resultado da exposición oral).

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que opte por non recuperar ningunha parte.

DISPENSA ACADÉMICA

Dado que a asistencia ás clases presenciais non é obrigatoria, terán as mesmas condicións que o resto do alumnado aquel alumnado con matrícula a tempo parcial e con dispensa académica que o exima da asistencia ás clases.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Utilizaranse criterios de segunda oportunidade.

IMPLICACIÓNS DO PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso e a nota numérica de 0  na materia na oportunidade correspondente, mantendo as cualificacións das outras actividades para a seguinte oportunidade.