Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A17 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C4 C6 Examen final da materia 70
Traballos tutelados A17 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C4 C6 Entrega e presentación dun traballo proposto polo profesor. 30
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Segunda oportunidade e Convocatoria Adiantada
Para os alumnos tanto de primeira como de segunda oportunidade, a avaliación realizarase dando o peso relativo indicado na táboa de metodoloxías, o mesmo que para os alumnos de convocatoria adiantada. Na segunda oportunidade, ou na convocatoria adiantada, o alumnado deberá realizar obrigatoriamente o exame e pode optar por presentar un novo traballo tutelado ou conservar a nota que tivese durante o curso en caso de telo aprobado.

O alumno que presentase e aprobase a parte de traballos tutelados pero non superase a materia poderá conservar a nota dos traballos tutelados só no curso inmediatamente posterior. O alumno pode decidir repetir o traballo, o que deberá ser comunicado ao comezo do curso aos profesores da materia.

Cualificación '"Non presentado"

Será cualificado con "Non Presentado" o alumnado que non asista ao exame final que terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames da escola. Este criterio aplicará tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, así como na convocatoria adiantada.

Normativa

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraudeacadémica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente daUDC.

Avaliación de alumnado con dispensa académica

O sistema de avaliación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será o seguinte: proba mixta (70%) e traballos tutelados (30%).