Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A5 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C5 C6 Geometría descriptiva + dibuxo industrial +Probas
Na modalidade de evaluación continua realizaranse diversos traballos e probas relacionados cos temas do programa.
10
Prácticas a través de TIC A5 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C5 C6 Prácticas con autocad.
Evaluación continua.
10
Proba mixta A5 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C5 C6 As probas avaliarán a adquisición de criterios, que se derivan dunha adecuada asimilación dos coñecementos adquiridos, así como a consecución da destreza necesaria para unha correcta representación gráfica. O seu carácter será eminentemente práctico. O nivel de execución esixido será o mesmo que nos traballos realizados ao longo do curso.
60
Solución de problemas B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C5 C6 Geometría descriptiva + dibuxo industrial +Probas
Na modalidade de evaluación continua realizaranse diversos traballos e probas relacionados cos temas do programa.
20
 
Observacións avaliación

1ª convocatoria: seguirase a avaliación continua. Para superar a materia o alumnado ten que participar obrigatoriamente de forma presencial na aula no seguimento guiado de todas as actividades propostas. Na metodoloxía proba mixta realizaranse un conxunto de probas ao longo do período de avaliación continua que irán incrementando en dificultade a medida que se vaia avanzando na mesma. 

2ª convocatoria: a proba mixta terá unha cualificación do 100%.

Convocatoria adiantada (decembro): a proba mixta terá unha cualificación do 100%.

Todas as actividades que se expoñan, en todas as metodoloxías, durante a avaliación continua terán carácter non recuperable fóra da mesma por estar deseñadas para que o alumno demostre aprender dunha forma graduada e continuada durante ese período. Por ese motivo tanto na segunda convocatoria como na convocatoria adiantada a proba mixta terá unha cualificación do 100%.

Para os alumnos con dispensa académica e a tempo parcial as probas seran as mesmas que as establecidas para o resto de alumnos. Na segunda oportunidade e adiantada de decembro deberán facer unha proba mixta cunha cualificación do 100%.

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación rexirase por o artigo 14.4.donde dice:” Na realización de traballos, o
plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través
da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de
suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento "