Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe do alumnado.
Sesión maxistral O profesor expoñerá os contidos fundamentais de cada un dos temas. Para o seu mellor aproveitamento, o alumnado disporá con antelación ao desenvolvemento destas sesións dos materiais docentes axeitados para a súa preparación persoal. Todo o alumnado poderá consultar ao profesor/a calquer aspecto da materia no horario de tutorías establecido para tal efecto. Impartirase en grupo grande.
Solución de problemas Sesións dedicadas á resolución de problemas e cuestións coa participación activa do alumnado. Impartirase en grupo mediano
Traballos tutelados Realización de estudos dirixidos. Presentación e corrección. O alumnado resolverá situacións problemáticas concretas, promovéndose a participación nas clases.
Prácticas de laboratorio Lectura comprensiva da práctica. Leva a cabo o traballo experimental. Expón e resolve os cálculos numéricos asociados así como as cuestións que se lle expoñan. Examina e valora o resultado final. Impartirase en grupo mediano.