Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 B2 B3 C1 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 60
Solución de problemas A2 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C7 Puntuarase a realización de tarefas e probas aleatorias de avaliación, e/ou a realización de casos prácticos de análise de información contable, individuais ou en grupo, que poderán ser presentados oralmente. 40
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA A CLASE E AVALIACIÓN CONTINUA

A asistencia a clase é fundamental para acadar os obxectivos de aprendizaxe da materia. Por esta razón, para valorar as actividades de avaliación continua será necesaria unha asistencia mínima do 70%. Se non se alcanza esta porcentaxe, estas actividades serán valoradas con cero puntos. 

Avaliación da primeira oportunidade

40% avaliación continua e 60% exame final, consonte o descrito no apartado de avaliación desta guía.

Avaliación da segunda oportunidade

Na segunda oportunidade, para poder recuperar
a avaliación continua da primeira oportunidade, tomarase a maior entre:

a) Cualificación acadada
ao longo do curso nas metodoloxías de avaliación continua (40%); máis a
cualificación acadada na proba obxectiva da segunda oportunidade (60%).  

b) Exclusivamente pola cualificación acadada
na proba obxectiva da segunda oportunidade (100%)

Avaliación adiantada 

No caso de que ao alumno se lle conceda unha
oportunidade de "avaliación adiantada", e soamente neste caso,
realizarase unha proba oral e/ou escrita encamiñada a avaliar todas as
competencias e contidos propios da materia.

Cualificación de non presentado.

Considerarase como Non presentado ao alumnado que:

a) non se presente á proba do período oficial de avaliación.

b) só participe de actividades de avaliación continua que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Dispensa académica de exención de asistencia. 

Non se recoñece para esta materia.

Outras observacións

Para todos os aspectos relacionados con “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” seguirase  a normativa académica vixente da UDC.