<p> Estudo diario dos contidos tratados nas
sesións de sesión maxistral, complementados co curso virtual e a bibliografía
recomendada.</p><p>Resolución tanto dos exercicios propostos nas sesións presenciais como
doutros atopados na bibliografía recomendada.</p><p>É recomendable o traballo en grupos reducidos, xa que a discusión entre os membros do mesmo axuda a resolver as distintas cuestións que se podan plantexar no estudo da asignatura.</p><p>Uso das horas de titoría do profesorado para resolver todo tipo de
dúbidas sobre os contidos da materia.  </p>
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: -Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. -Realizarase a través de Moodel, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|