Cada estudante debe dominar os contidos das materias de Matemáticas impartidas na E.S.O. e bacharelato. O alumnado procedente de Ciclos Formativos debe estudar os conceptos básicos relativos a aplicacións, funcións e integración de funcións reais de variable real, que están contidos nos currículos de Bacharelato, e non están nos dos Ciclos Formativos. De acordo coas liñas xerais do programa Green Campus da UDC, farase un uso sostible dos recursos e se prevendrán impactos negativos sobre o medio natural. Na realización das distintas probas, empregaranse impresións a doble cara, preferentemente en papel de reciclaxe e se evitará a impresión de borradores e o uso innecesario de plásticos. Asemade, atendendo ás políticas de igualdade de xénero, empregarase unha linguaxe inclusiva e non sexista. Deberase traballar para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e fomentar valores de respeto e igualdade. Tamén se facilitará a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturales experimenten dificultades no acceso igualitario e proveitoso á vida universitaria. |