Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A19 A4 B1 B4 B5 C1 Realizarase un exame final cunha duración de ata 4 horas ao finalizar a materia.
Esíxese una nota mínima de 3.5 puntos sobre 10 nesta proba para poder superar a materia.
50
Solución de problemas A4 A19 B1 B4 B5 C1 Valoraranse de forma individual os casos prácticos resoltos polo alumno. 30
Traballos tutelados A4 A19 B1 B4 B5 C1 Valorarase o traballo realizado por cada grupo de estudiantes. A nota dos alumnos dun mismo grupo puede ser diferente se o profesor ten constancia de que houbo un nivel de participación desigual dentro do grupo. 20
 
Observacións avaliación

A nota que non se obtivo coa solución de problemas ou cos traballos tutelados, poderase recuperar no exame final. Por tanto a nota final calcularase da seguinte maneira: Nf = Np+ Nt+(10- Np- Nt)* Ne/10, onde Nf é a nota final sobre 10, Np é a nota da resolución de problemas de forma individual sobre 3, Nt é a nota dos traballos tutelados (sobre 2), e Ne é a nota do exame final (sobre 10). A calificación da segunda oportunidade seguirá o mesmo esquema de puntuación, onde a nota Ne será a do exame realizado na segunda oportunidade. Non se contempla ningunha modificación para os alumnos con dispensa académica. Na convocatoria adiantada, a nota total será a do exame realizado.



A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria
extraordinaria.

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao
estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa
académica vixente da UDC.