Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Centrais Eléctricas | Código | 770G02024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A4 A5 A32 B1 B5 | Exame con parte tipo test, preguntas de desenvolvemento e exercicios. | 85 |
Traballos tutelados | A4 A32 B1 B2 B4 B9 C6 | Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía. | 15 |
Observacións avaliación | |||
No marco dos "Traballos tutelados" poderanse incluír aspectos tales como asistencia a clase, traballo persoal, traballos persoais propostos, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado. A "Proba mixta" dividirase nunha parte teórica tipo test (70%), nunhas preguntas sinxelas (20%), e nuns exercicios (10%). A nota obtida polo alumno cos "Traballos tutelados" será ponderada coa nota obtida nos exercios da "Proba mixta". É necesario superar o 50% da puntuación no test da "Proba mixta" para aprobar. Os alumnos que non aprobaran os "Traballos tutelados" terán que superar uns exercicios con máis apartados na "Proba mixta". Para a segunda oportunidade non haberá un segundo plazo de entrega de traballos, e a evaluación relativa a "Traballos tutelados" incluirase na "Proba mixta". Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada de decembro serán iguais ós da segunda oportunidade do curso anterior. Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)", serán evaluados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente que o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. No caso de que o alumno cometa unha falta na materia (segundo o Regulamento Disciplinario do Alumnado): o alumno cualificarase con "suspenso" (grado numérico 0) na convocatoria correspondente, se a falta se comete se produce na primeira. oportunidade como na segunda. Para iso modificarase a súa cualificación no certificado de primeira oportunidade, se é o caso. |