Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A28 B1 B2 B9 C1 C6 Estará composta por un total de entre 6 e 12 preguntas. Unha parte das preguntas tratará sobre cuestións teóricas, e outra parte sobre resolución de problemas.

Deberá de acadarse unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos nesta proba, para que se teñan en conta na puntuación final as puntuacións obtidas nas probas de "Prácticas de laboratorio" e "Solución de problemas"
70
Prácticas de laboratorio A4 A28 B3 B4 B5 C3 As sesións de prácticas de laboratorio son de obrigada asistencia, sendo necesario a súa superación para poder aprobar a asignatura.

As prácticas de laboratorio representan o 10% da nota final da asignatura, pero só se considerará como suma á nota obtida na "Proba obxectiva" cando esta última sexa igual ou superior a 4 puntos sobre 10 puntos.
10
Solución de problemas A5 B5 B9 C1 C3 C6 Resolución de exercicios propostos e participación activa na aula.

A solución de problemas representa o 20% da nota final da asignatura, pero só se considerará como suma á nota obtida na "Proba obxectiva" cando esta última sexa igual ou superior a 4 puntos sobre 10 puntos.
20
 
Observacións avaliación

Todas as actividade, que contribúen á nota final do alumno, serán cualificadas sobre 10 puntos.

Para a superación da materia, requírese ter superado as "Prácticas de Laboratorio" e a "Solución de problemas".

Os criterios de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade, e ámbalas probas serán similares.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.