Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Transporte de Enerxía Eléctrica | Código | 770G02036 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A28 B1 B2 B9 C1 C6 | Estará composta por un total de entre 6 e 12 preguntas. Unha parte das preguntas tratará sobre cuestións teóricas, e outra parte sobre resolución de problemas. Deberá de acadarse unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos nesta proba, para que se teñan en conta na puntuación final as puntuacións obtidas nas probas de "Prácticas de laboratorio" e "Solución de problemas" |
70 |
Prácticas de laboratorio | A4 A28 B3 B4 B5 C3 | As sesións de prácticas de laboratorio son de obrigada asistencia, sendo necesario a súa superación para poder aprobar a asignatura. As prácticas de laboratorio representan o 10% da nota final da asignatura, pero só se considerará como suma á nota obtida na "Proba obxectiva" cando esta última sexa igual ou superior a 4 puntos sobre 10 puntos. |
10 |
Solución de problemas | A5 B5 B9 C1 C3 C6 | Resolución de exercicios propostos e participación activa na aula. A solución de problemas representa o 20% da nota final da asignatura, pero só se considerará como suma á nota obtida na "Proba obxectiva" cando esta última sexa igual ou superior a 4 puntos sobre 10 puntos. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Todas as actividade, que contribúen á nota final do alumno, serán cualificadas sobre 10 puntos. Para a superación da materia, requírese ter superado as "Prácticas de Laboratorio" e a "Solución de problemas". Os criterios de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade, e ámbalas probas serán similares. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |