Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A5 B4 B7 B11 C1 C8 Durante as prácticas avaliaranse os coñecementos obtidos mediante cuestionarios e distintas actividades que se proporán nas mesmas. 20
Proba obxectiva A8 B2 B6 B11 Tratarase dunha proba tipo test onde se avaliaran os coñecementos acadados polas/polos estudantes durante o curso.
Aplicaráse unha nota de corte de 25 sobre 50, mínimo para obter o aprobado da materia.
50
Traballos tutelados A4 A6 A7 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B10 B11 C1 C3 C6 C8 O longo do curso, proporase un traballo tutelado en grupo.
O finalizar os traballos as/os estudantes entregaran unha memoria escrita e farane unha pequena presentación oral ó resto da clase.
A avaliación farase a través da rúbrica correspondente. En xeral, terase en conta a calidade da memoria escrita, a da presentación realizada o resto da clase e o traballo en grupo a través das titorias específicas realizadas para o seguimento e orientación dos traballos.

10
Proba de resposta múltiple B2 B3 B5 B6 B10 C3 Consitirá en diversos test online (mediante a plataforma Moodle) a realizar polo alumnado que asista a clase, despois de cada sesión maxistral 10
Aprendizaxe servizo A4 A10 A6 B1 B9 C1 C4 Avaliarase a calidade do traballo polo método da rúbrica, que estará a disposición das/dos estudantes dende o principio de curso. De maneira xeral avaliarase o traballo en grupo, a implicación persoal, a calidade dos recursos seleccionados polo alumnado e tamén a interación co colectivo o que vai dirixido o proxecto. 10
 
Observacións avaliación

En xeral, todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

As
situacións especiais das/dos estudantes que con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou por outros
motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a materia de maneira
presencial, deben ser comunicadas á profesora ao inicio do cuadrimestre e
xustificalas axeitadamente. A profesora dará as instruccións oportunas para
que o/a estudante siga a materia sen problemas, sustituíndo aquelas
metodoloxías presenciais por traballos individuais ou outras tarefas coa
mesma puntuación. 

Os criterios de avaliación son idénticos nas dúas oportunidades (xaneiro e xullo)