Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos
estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados
(académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe
do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na
asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia
aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a
aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa
aprendizaxe polo profesor-titor.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e
a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa
finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente
a través da realización de actividades de carácter práctico, tales
como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.