Temas Subtemas
Título do proxecto. PREGO DE CONDICIÓNS:
Elaboración dun Proxecto Fin de Grao como exercicio integrador ou de síntese. Co obxectivo de que
o futuro egresado consolide e demostre a capacidade para a creación, execución e dirección de proxectos
de Deseño Industrial: produtos manufacturados, bens de equipo, servizos, servizos estratéxicos, etc.

Desenvolverá as súas aptitudes e capacidades para analizar, comprender, proxectar e executar proxectos de Deseño
Industrial, así como a posibilidade de optimizar os produtos existentes mediante ampliacións ou
modificacións.
Ampliará o coñecemento dos diferentes regulamentos, normativas e disposicións legais e a súa correcta
aplicación nos proxectos.
Capacitará ao estudante para dirixir proxectos de creación, modificación ou ampliación conceptual, así como
proxectos complementarios de seguridade, homologación e medio ambiente para poder ser expostos
#ante as autoridades competentes.
Afianzará o coñecemento dos procesos necesarios para o correcto desenvolvemento de proxectos, e a
comprensión e utilización dos novos sistemas de tratamento e edición de documentación técnica. Isto
posibilitará unha activa integración dos futuros profesionais nas oficinas técnicas e de desenvolvemento.
1. DEFINICIÓN DO PROXECTO
2. OBXECTIVOS DO PROXECTO
3. INFORMACIÓN
4. MERCADO
5. ESPECIFICACIÓNS
6. PROCESO PRODUTIVO DA EMPRESA
7. CUSTOS
8. OPORTUNIDADES E RESTRICIÓNS
9. OBSERVACIÓNS
E C 1. INFORMACIÓN
E C 2. DESENVOLVO CONCEPTOS
E C 3. DESENVOLVEMENTO ALTERNATIVA SELECCIONADA
E C 4. PROTOTIPO
E C 5. PRESERIE
Contrato tipo