Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 Exercicio Gráfico con nota ponderada mediante unha rúbrica de autoavaliación grupal do traballo realizado por cada integrante (20% da nota).

Exercicio Audiovisual con nota ponderada mediante unha rúbrica de autoavaliación grupal do traballo realizado por cada integrante (20% da nota).

Exercicio Multimedia con Exposición Oral con nota ponderada mediante unha rúbrica de autoavaliación grupal do traballo realizado por cada integrante (20% da nota).

Os traballos realizaranse en grupos
60
Proba de resposta múltiple A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 Examen tipo test ou de preguntas curtas (40% da nota)
Traballo personal do alumno
40
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN 1ª OPORTUNIDADE 

- A nota resultará da ponderación dos traballos prácticos (60%) e do exame final con formato tipo test e/o preguntas de desenvolvemento curto (40%). 

- Coa proposta de cada traballo e/o actividade a profesora explicará detalladamente o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega. 

- Para a computación do 60% das clases prácticas será obrigatorio acudir polo menos ao 70% das clases prácticas. 

- Para superar a materia o/a estudante deberá superar ambas as partes, teórica e práctica, e obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos, prácticas e exame. En caso de non superar unha das partes, manterase a outra parte aprobada para a segunda oportunidade. 

- O exame teórico versará sobre os contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais que foron extraídos das fontes de información básicas. 

- Estableceranse fórmulas alternativas para a avaliación dos alumnos a tempo parcial con dispensa académica con exención de asistencia. 

AVALIACIÓN 2ª OPORTUNIDADE 

- A nota resultará da ponderación dos traballos prácticos (60%) e do exame final con formato tipo test e/o preguntas de desenvolvemento curto (40%). 

- Coa proposta de cada traballo e/o actividade a profesora explicará detalladamente o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega. 

- Para superar a materia o/a estudante deberá superar ambas as partes, teórica e práctica, e obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos, prácticas e exame. En caso de non superar unha das partes, non se manterá a outra parte aprobada para cursos posteriores. 

 - O exame teórico versará sobre os contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais que foron extraídos das fontes de información básicas.
- Dentro das prácticas, no caso do Exercicio Multimedia, eliminarase a parte da presentación oral, computando o deseño multimedia o total da avaliación (20%). 

 - Nesta segunda oportunidade non se establecen fórmulas alternativas para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia. 

OUTROS ASPECTOS 

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo con a normativa académica vixente da UDC.”