Prácticas de laboratorio |
As prácticas representan unha parte indispensable da materia e nelas abordaranse aspectos prácticos e aplicacións das distintas técnicas celulares. Desenvolveranse en laboratorios e instalacións específicas: laboratorios da Facultade de Ciencias, laboratorios do Instituto de Investigacións Biomédicas (INIBIC) e Servizos de Apoio á Investigación (SAI) da UDC.
O alumno desenvolverá protocolos de laboratorio e asistirá a demostracións de uso de equipos de investigación.
|
Proba mixta |
Consistirá nunha proba escrita con preguntas tipo test e/ou de resposta curta sobre aspectos teóricos, prácticos e aplicacións das técnicas tratadas. |