Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Neurobioloxía | Código | 610441008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Sesións presenciais de 60 minutos de duración aproximada sobre os contidos correspondentes ao temario. Para un total aproveitamento das memas, recoméndase que o alumno teña lido, con anterioridade e pola súa conta, os aspectos fundamentais dos temas nos textos recomendados. |
Prácticas de laboratorio | As prácticas de laboratorio configúranse como unha parte esencial da materia. Durante o seu desenvolvemento, aspectos relacionados con: - Identificación de distintas rexións do sistema nervioso - O uso de modelos animais para o estudo do sistema nervioso en condicións normais e / ou patolóxicas. - O uso de liñas mutantes e transxénicas en estudos de Neurociencia - O manexo de páxinas interactivas, atlas de neuroanatomía en liña e ligazóns web relacionadas con contidos prácticos. Ao remate do período de prácticas, o alumnado deberá presentar un informe relacionado cos contidos das practicas. |
Discusión dirixida | Consistirá na lectura individual de artigos recentes de Neurobioloxía designados polo profesor e que complementen os contidos das clases maxistrais. Os estudantes seleccionarán un dos artigos para unha sesión de discusión guiada na aula. |
Proba obxectiva | Consistirá na realización dun exame sobre os contidos da materia, con preguntas de tipo test e/ou preguntas curtas. |