Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Neurobioloxía | Código | 610441008s | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Sesións de 60 minutos de duración aproximada sobre os contidos correspondentes ao temario. Para un total aproveitamento das mesmas, recoméndase que o alumno revisase, con anterioridade, os aspectos fundamentais dos diferentes contidos nos textos e nos enlaces web que se recomendan no apartado "Fontes de información". Ademais, o alumnado dispoñerá dos contidos dos temas desenvolvidos nesta materia na plataforma "Campus Virtual" en diferentes formatos (pdf, ppt, gravacións, vídeos...). |
Prácticas de laboratorio | As prácticas de laboratorio configúranse como unha parte esencial da materia. Durante o seu desenvolvemento, aspectos relacionados con: - Identificación de distintas rexións do sistema nervioso - O uso de modelos animais para o estudo do sistema nervioso en condicións normais e / ou patolóxicas - O uso de liñas mutantes e transxénicas en estudos de Neurociencia - O manexo de páxinas interactivas, atlas de neuroanatomía en liña e ligazóns web relacionadas con contidos prácticos. Ao finalizar o período de prácticas, os estudantes deberán presentar un informe sobre elas e elaboraran un breve proxecto de investigacion. |
Análise de fontes documentais | Consistirá na lectura individual de artigos recentes de Neurobioloxía designados polo profesorado e que complementan o contido das clases maxistaris. Posteriormente, o alumnado presentará un breve resumo cunha valoracion critica dun artigo seleccionado. Os materiais necesarios para desenvolver esta actividade serán proporcionados polo profesorado, previamente, a través da plataforma Campus Virtual. Os estudantes poderán consultar as súas dúbidas co profesorado a través de correo electrónico, chats e videochamadas. |
Proba obxectiva | Consistirá na realización dun exame sobre os contidos da materia, con preguntas de tipo test e/ou preguntas curtas. O exame farase preferentemente en liña a través da plataforma Campus Virtual. |