Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A1 - Ao rematar as clases prácticas realizarase un exámen final dos contidos traballados nelas, no propio laboratorio do INIBIC. A asistencia ás clases prácticas (obrigatoria) e a participación en todas as súas actividades constitúe un requisito fundamental para a superación destas, e suporá o 20% da cualificación final da materia.
20
Proba obxectiva A6 A7 A8 -Ao rematar as clases teóricas realizarase un exame final dos contidos teóricos da materia. A asistencia ás clases teóricas e a participación nas súas actividades é obligatoria, e suporá o 60% da cualificación final.
- Coa proba obxectiva, o alumno demostrará o grao de coñecemento e destrezas adquirido ao longo do curso, asi como a capacidade de síntese e abstracción desenvolvidos.
60
Sesión maxistral A6 A7 A8 B6 - A asistencia ás clases maxistrais é fundamental para o dominio dos contidos da materia.
0
Seminario B3 B4 B6 - Avaliarase o traballo en grupo, tendo en conta a asistencia e participación nas diferentes actividades a desenrolar durante a elaboración do traballo tutelado, a adecuación ao tema proposto, o seu desenvolvemento, a capacidade de comprensión e exposición, e a bibliografía utilizada. Todo elo representará o 20% da cualificación final.
20
 
Observacións avaliación
- A asistencia ás clases teóricas e prácticas e a elaboración e exposición do traballo tutelado non é condición imprescindible  para ser avaliado tanto na Convocatoria ordinaria de Xuño coma na proba de Xullo. É necesaria a asistencia e participación en, polo menos, o 80 % de cada unha das actividades presenciais da materia.
- A avaliación da materia basearase nun exame de contido teórico, un exame de contido práctico, e a participación do alumno na elaboración dun traballo dirixido sobre algún aspecto do programa teórico da materia.
- Na convocatoria da primeira oportunidade realizarase un exame teóricofinal  e no Laboratorio do INIBIC terá lugar o examen práctico para a avaliación da aprendizaxe. Todas as actividades formativas terán unha puntuación comprendida entre 0 e 10 puntos. Para calcular a nota final teranse en conta os seguintes criterios:
1. Avaliación da aprendizaxe teórica. A nota obtida neste apartado suporá o 60 % da nota final.
2. Avaliación da aprendizaxe práctica. A nota obtida neste apartado suporá o 20 % da nota final.
3. Avaliación da participación do alumno na elaboración do traballo tutelado, da súa asistencia ás tutorias programadas co profesor para a resolución de dúbidas durante o seu desenvolvemento e o resultado obtido na exposición final  do mesmo suporá o 20% da nota final.
**Para superar a materia na convocatoria de maio,  a suma global dos mencionados apartados deberá estar comprendida entre 5 e 10 puntos, sendo necesario obter polo menos 4 puntos en cada un do tres apartados. Se non se cumprise este requisito a cualificación final correspondería coa do apartado que teña menor valor.
Os alumnos que non aproben a materia na convocatoria de maio, ou non se presentaron á mesma, poderán tentalo de novo na proba de Xullo. Neste caso, a avaliación consistirá:
1. Nunha proba escrita sobre os contidos teóricos da materia. A nota obtida neste apartado (comprendida entre 0 e 10 puntos) suporá o 80 % da nota final.
2. Nunha proba práctica de idéntica natureza á mencionada anteriormente. A nota obtida neste apartado (comprendida entre 0 e 10 puntos) suporá un 20% da nota final.
**Para superar a materia na convocatoria de Xullo, a suma global dos mencionados apartados deberá estar comprendida entre 5 e 10 puntos, sendo necesario obter polo menos 4 puntos en cada un dos dous apartados. Se non se cumprise este requisito a cualificación final correspondería coa do apartado que teña menor valor.
A cualificación de NON PRESENTADO, aplicarase unicamente no caso de que o alumno/a non participase en ningunha actividade da materia (sesións maxistrais, clases prácticas, traballo tutelado e probas obxectivas), ou ben non se presentou na convocatoria final de Xullo.


Os estudantes que soliciten ser avaliados na convocatoria extraordinaria de
decembro, tanto os contidos teóricos como os criterios de avaliación
corresponderanse aos do curso 2023-2024.





Todos los aspectos relacionados con "dispensa académica",
"dedicación ao estudio", "permanencia" e "fraude
académica" rexeranse de acuerdo coa  normativa académica da UDC.