Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A5 C4 C5 C8 Avalíase pola proba de resposta breve 0
Prácticas de laboratorio A1 B4 C6 C7 Avaliación continua das prácticas e examen 20
Proba de resposta breve B1 B2 B5 C2 Proba escrita acerca dos coñecementos adquiridos durante a materia, tanto nos seus aspectos teóricos como prácticos. 70
Seminario A2 B3 B7 B8 B9 C3 Valorarase a capacidade crítica e de síntese do informe presentado, ademáis da fluidez na lenguaxe científica na exposición e defensa do mesmo 10
 
Observacións avaliación
É obrigatorio a asistencia as prácticas de laboratorio para poder ser avaliado/a.
Para computar na cualificación final o valor obtido nos apartados de seminarios, prácticas ou presentación oral, o/a estudante terá que ter superado a proba de resposta breve, correspondente á teoría da materia. 
No caso de non superar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberán ser superadas cada unha das partes non aprobadas. 
No caso de circunstancias moi excepcionais, obxetivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente ao alumno en que concorran dalgún proceso de avaliación. Devandito/a estudante habería de someterse a un exame particular que non deixará dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas. 
Para que un/unha estudante sexa considerado como NON PRESENTADO/A non deberá terse presentado á proba de resposta breve.
Se o número de Matrículas de Honra que poden concederse se esgota na primera opción, non se otorgará ningunha na segunda oportunidade, aínda cando se alcance a máxima puntuación.
No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC.