Prácticas de laboratorio |
A/o estudante levará a cabo a aplificación, por PCR, dun ORF codificante dun marcador molecular. A continuación, realizará a integración do devandito marcador no xenoma dun fermento. A/o estudante terá que realizar o deseño dos cebadores para a integración do marcador e deleción dun xene concreto do fermento, que se especificará previamente. Terá que realizar un deseño experimental que lle permita determinar a correcta integración do marcador molecular. Unha vez realizado o deseño, realizará o experimento de integración no laboratorio, así como as comprobacións.
Finalmente, realizásese unha valoración dos resultados obtidos. |
Sesión maxistral |
Explicaranse os conceptos fundamentais dos contidos da materia. Formularanse, discutirán e resolverán cuestións, exercicios ou problemas relativos á materia. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes etc.
A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/o de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. |
Lecturas |
Recomendaranse lecturas de artigos científicos de revisión e/o de investigación como material complementario ás sesións maxistrais. |