Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enxeñaria Celular e Tisular/610475102
Xenómica e Proteómica/610475103
Bioinformática/610475104
Biotecnoloxía Industrial/610475105
Procesos e Produtos biotecnolóxicos/610475106
Técnicas de aplicación en biotecnoloxía/610475107

Materias que continúan o temario
Organización y Gestión: Gestión Empresarial y Gestión Eficaz del Laboratorio/610475201
Auditoría de empresas biotecnolóxicas/610475202
Aspectos legais e éticos en Biotecnoloxía/610475203

Observacións

É aconsellable que os alumnos teñan coñecemento de inglés a nivel de compresión de textos, xa que parte das fontes de información que consultarán están publicadas nesta lingua.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Perspectiva de Xénero 
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 

Programa Green Campus Facultade de Ciencias
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: 

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. 
b. De realizarse en papel: 
- Non se empregarán plásticos 
- Realizaranse impresións a dobre cara
- Empregarase papel reciclado
- Evitarase a realización de borradores